Amosando publicacións coa etiqueta Ética. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ética. Amosar todas as publicacións

11 de xuño de 2017

Todos deberiamos ser feministas


Propóñovos esta vez escoitar a voz da escritora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie, nunha charla en Ted.com,  de enorme repercusión; preséntanos o que ela entende por "feminismo" e, seguramente facilita que reflexionemos sobre unha cuestión que nos atinxe a todos. 





Tradución ao español.

10 de mar. de 2013

Alternativas democráticas

A toma (The Take) é un documental de 2004 realizado por Naomi Klein e dirixido por Avi Lewis. Conta a historia de traballadores de Arxentina que reclaman o control das plantas industriais pechadas, nas que unha vez traballaran, para convertelas en cooperativas.
            Os feitos, a perspectiva da mirada sobre eles, a alternativa que representa, a relación cos nosos problemas actuais... conducen inevitablemente a unha reflexión sobre o modelo democrático no que vivimos. Que esa reflexión sexa libre, sexa ampla, sexa a túa.