O Departamento de Filosofía da Universidade de Harvard -entre outras consideracións- subliña que estudar Filosofía abre moitas portas no mercado laboral, pois ensina a desenvolver COMPETENCIAS altamente demandadas:
habilidade para pensar e escribir con claridade
capacidade de facerte consciente de presupostos habitualmente inadvertidos
facilidade para explicar con claridade ideas complexas
capacidade de captar conexións e implicacións
capacidade para ver as cousas nun contexto mais amplo
facilidade para desafiar convencións, ortodoxias e ideas preconcibidas...
En definitiva, a Filosofía desenvolve COMPETENCIAS indispensables e aplicables en múltiples e principais ámbitos da vida...
Deixo aquí un documental que trata, entre outras cousas, sobre as vantaxes da estudo da filosofía entre os máis pequenos:
Para unha aproximación á vida e obra desta especialista en Teoría Política, fundamental para a comprensión de boa parte da Historia do século XX e mesmo do XXI, clica aquí.
Este ano inspirámonos na ensaísta Hannah Arendt; sobre ela e a súa obra podes informarte no curso "O ENSAIO E A FILOSOFÍA" da Aula Virtual do IES de Curtis. Alí contas tamén con indicacións, materiais, recursos e tarefas que esperamos che sexan moi útiles para a elaboración do teu "ensaio" (... e se cadra gañes o concurso).