28 de mar. de 2016

FILOSOFÍA EN INGLÉS

BBC Radio 4 ten un interesante canal en youtube con explicacións breves e sinxelas de tópicos da filosofía en inglés (A History of Ideas. Big questions answered. Big theories explained). Interesante.


Como mostra, este microcapítulo sobre o acceso ao mundo das Ideas platónico a través do Eros:


24 de out. de 2015

1 de feb. de 2015

HARVARD UNIVERSITY


POR QUE ESTUDAR FILOSOFÍA?



O Departamento de Filosofía da Universidade de Harvard -entre outras consideracións- subliña que estudar Filosofía abre moitas portas no mercado laboral, pois ensina a desenvolver COMPETENCIAS altamente demandadas:

  • habilidade para pensar e escribir con claridade
  • capacidade de facerte consciente de presupostos habitualmente inadvertidos
  • facilidade para explicar con claridade ideas complexas
  • capacidade de captar conexións e implicacións
  • capacidade para ver as cousas nun contexto mais amplo
  • facilidade para desafiar convencións, ortodoxias e ideas preconcibidas...

En definitiva, a Filosofía desenvolve COMPETENCIAS indispensables e aplicables en múltiples e principais ámbitos da vida...

Deixo aquí un documental que trata, entre outras cousas, sobre as vantaxes da estudo da filosofía entre os máis pequenos: 

 

13 de xan. de 2015

Hannah Arendt (aproximación)

HANNAH ARENDT, ENSAÍSTA


     Para unha aproximación á vida e obra desta especialista en Teoría Política, fundamental para a comprensión de boa parte da Historia do século XX e mesmo do XXI, clica aquí.

4 de dec. de 2014

II CONCURSO DE ENSAIO 

IES DE CURTIS

 

 Este ano inspirámonos na ensaísta Hannah Arendt; sobre ela e a súa obra podes informarte no curso "O ENSAIO E A FILOSOFÍA" da Aula Virtual do IES de Curtis. Alí contas tamén con indicacións, materiais, recursos e tarefas que esperamos che sexan moi útiles para a elaboración do teu "ensaio" (... e se cadra gañes o concurso).