9 de xul. de 2013

SUXERENTE PELÍCULA centrada nun capítulo da vida de Hannah Arendt:




Título Original: "Hannah Arendt".
Xénero: Drama. Biográfico
País e ano: Alemaña. 2012
Dirección: Margarethe von Trotta
Guión: Pam Katz. Margarethe von Trotta Pam Katz.
Reparto principal: Barbara Sukowa, Janet McTeer,  Ulrich Noethen, Nicholas Woodeson, Klaus Pohl, Axel Milberg, Julia Jentsch, Michael Degen, Victoria Trauttmansdorff, Friederike Becht.
Fotografía: Caroline Champetier.
Música: André Mergenthaler.
Produción: Michel Zana, Johennes Rexin, Bettina Brokemper.
Duración: 98 minutos.
Estreno en España: 21 de xuño de 2013.   





 





A wikipedia presenta así a Hannah Arendt:

Hannah Arendt, chamada Johanna Arendt (Linden-Limmer, Hannover, Alemaña, 14 de outubro de 1906 -Nova York, Estados Unidos, 4 de decembro de 1975), foi unha filósofa política alemá de orixe xudía, unha das máis influentes do s. XXI.
A privación de dereitos e persecución en Alemaña de persoas de orixe xudía a partir de 1933, así como o seu breve encarceramento ese mesmo ano, contribuíron a que decidise emigrar. O réxime nacionalsocialista retiroulle a nacionalidade en 1937, polo que foi apátrida ata que conseguiu a nacionalidade estadounidense en 1951.
Traballou, entre outras cousas, como xornalista e mestra de escola superior e publicou obras importantes sobre filosofía política; non obstante rexeitaba se clasificada como "filósofa" e tamén se distanciaba do termo "filosofía política"; prefería que as súas publicacións fosen clasificadas dentro da "teoría política".
Arendt defendía un concepto de "pluralismo" no ámbito político. Grazas ao pluralismo, xeraríase o potencial dunha liberdade e igualdade políticas entre as persoas. Importante é a perspectiva da inclusión do outro. En acordos políticos, convenios e leis deben traballar a niveis prácticos persoas axeitadas e dispostas. Como froito destes pensamentos situábase de forma crítica fronte á democracia representativa e prefería un sistema de consellos ou formas de democracia directa.
A miúdo, continúa sendo estudada como filósofa, en gran parte, debido ás súas discusións críticas de filósofos como Sócrates, Platón, Aristóteles, Immanuel Kant, Martin Heidegger e Karl Jaspers, ademais de representantes importantes da filosofía política moderna como Maquiavelo e Montesquieu. Precisamente grazas ao seu pensamento independente, a teoría do totalitarismo (Theorie der totalen Herrschaft), os seus traballos sobre filosofía existencial e a súa reivindicación da discusión política libre, ten Arendt un papel central nos debates contemporáneos.
Como fontes das súas disquisicións Arendt emprega, ademais de documentos filosóficos, políticos e históricos, biografías e obras literarias. Estes textos son interpretados de forma literal e confrontados co pensamento de Arendt. O seu sistema de análise -parcialmente influenciado por Heidegger- convértea nunha pensadora orixinal situada entre diferentes campos de coñecemento e especialidades universitarias. O seu devir persoal e o do seu pensamento mostran un importante grao de coincidencia.



Podemos ler unha crítica da película nos seguintes enlaces:








Ningún comentario:

Publicar un comentario